Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Bibliotecas con acento ourensán
Ben- Cho- Shey (6.507 exemplares), Eduardo Branco Amor (1.814), Alberto Vilanova (7.233), Benito Fernández Alonso (1.069), Xesús Alonso Montero (2.400), José González Paz (1.000), Álvaro das Casas (110). Biblioteca de bibliotecas. Unha listaxe, moito máis extenso, ata 43.650 títulos, entre adquisicións, depósitos e doazóns. Infinidade de cartas, recortes de prensa, valiosos dossieres, fichas. Exemplares raros, únicos; outros comúns, pero que axudan a coñecer aos seus donos, a época e o contexto. Boa parte da historia de Ourense está dentro.

A Biblioteca da Deputación foi inaugurada en 1982, onde estivo -mobiliario incluído- a antiga Bilioteca Provincial, nos baixos da Deputación. No 2008, parte dela trasladouse ao ático do Centro Cultural. Un lugar imprescindible para a investigación -histórica, artística, ou xornalística- relacionada coa provincia, a comunidade, ou a diáspora. Unha biblioteca de autor, con fondos adquiridos a escritores, profesores ou estudiosos.
Lucía Gómez 1bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-01-2019 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal