Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os Premios da Cultura Galega "tecen fíos entre persoas e pobos"
Recoñecemento a Xosé María Álvarez Cáccamo, Luz Darriba, o Festival Internacional de Outono de Teatro-FIOT, o grupo A Roda, o Festival de Cans, Antón Santamarina, a Asociación O Sorriso de Daniel e Ramón Villares.

Montederramo (Ourense).acolleu este venres a entrega dos Premios da Cultura Galega 2018 a Xosé María Álvarez Cáccamo, Luz Darriba, o Festival Internacional de Outono de Teatro-FIOT, o grupo A Roda, o Festival de Cans, Antón Santamarina, a Asociación O Sorriso de Daniel e Ramón Villares.
No acto, no seu discurso, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, valorou o labor dos galardoados, "tejedora de fíos entre persoas e pobos".

Incidiu, neste sentido, en que "a democracia necesita a cultura porque creacións culturais" como as premiadas "son ese nexo que unifica ás xentes ao redor das experiencias asociadas".
Ademais, reivindicou "o gran milagre da creación cultural é transformar unha inspiración que moitas veces é individual e solitaria en algo que comparten innumerables lectores, espectadores ou oíntes".


Os GALARDOADOS

"Alguén falou dos pobos sen historia, pero grazas a historiadores e investigadores como el (dixo, sobre Ramón Villares) sabemos que Galicia ten historia e ten peso na historia", expuxo.
Sobre A Roda, destacou que a súa é "unha reivindicación da música natural". En canto a Antón Santamarina, erixiuno en "lingüista fundamental" e apuntou de Cans que "algún día Cannes tentará imitar a Cans".

Por outra banda, aplaudiu o labor de O Sorriso de Daniel pola Galicia románica, a de Luz Darriba a favor da muralla de Lugo, a de Xosé María Álvarez Cáccamo polos seus "moitos e valiosos libros" e a do FIOT polo teatro.

Ángela I. Baig 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 12-01-2019 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal