Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O fascismo español chega a Bélxica
A policía belga detivo o pasado martes en Bruxas a 29 afeccionados do Atlético de Madrid. Os feitos ocorreron antes do partido de Champions League entre o Club Bruxas e o conxunto branquivermello, que terminou con empate a cero.
Segundo varios medios belgas, un grupo de entre 30 e 40 persoas realizaron saúdos fascistas e logo a maioría deles negouse a acudir ao estadio Jan Breydel baixo escolta policial. Non só iso, senón que estes ultras seguiron facendo apoloxía ao fascismo ante os axentes, que finalmente decidiron deterlles. Pasaron a noite encerrados ata que o mércores pola mañá foron enviados en tren a Bruxelas.
“Desde Madrid informáronnos que se trataba dun grupo de extrema dereita. Decidimos non tomar riscos”, dixo Lien Depoorter, portavoz da policía, tal como recolleu o diario Het Laatste Nieuws. “Se non o fixésemos continuarían esas expresións no estadio, e non debemos tolerar iso de ningún modo”, engadiu Dirk Van Nuffel, xefe da policía de Bruxas.
O partido en Bélxica entre o Bruxas e o Atlético disputouse sen incidentes. No aspecto deportivo, o feito de non gañar condenou aos homes do ‘ Cholo’ Simeone á segunda praza do seu grupo por detrás do Borussia Dortmund. Pola súa banda, os belgas foron eliminados da máxima competición continental pero disputarán a Europa League ao quedar terceiros.


Rodrigo Míguez Fernández
1ºBACH B/Nº5


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-12-2018 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal