Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Thylacoleo
Thylacoleo, a fera máis destrutiva de Australia
«Unha das máis feras e destrutoras bestas depredadoras». Así é como definiu ao Thylacoleo carnifex o biólogo e paleontólogo Sir Richard Owen en 1859, momento en que o descubriu nunha caverna do deserto de Nullarbor (Australia). Coloquialmente chamado «león marsupial» -debido a unha mestura do seu parecido con este felino, os últimos fósiles atopados suxiren que tiña unha forte cola que lle axudaba a desprazarse e a sentar sobre as súas patas traseiras.
Así o afirma o último estudo publicado na revista « PLOS ONE» polo equipo de Roderick T. Wells, da Universidade Flinders, xunto con Aaron B. Camens, do Museo de Australia Meridional (ambos en Australia). Os restos achados dun especímen case completo permitiron aos investigadores reconstruír por primeira vez o esqueleto deste animal cuxo nomee científico quere dicir «león con bolsa asasino». Pouco se coñece deste depredador marsupial que viviu na época tardía do Pleistoceno (fai entre 1.600.000 e 46.000 anos) máis aló de que era carnívoro, cuadrúpedo e que medía uns 75 centrímetros de alto por 150 de ancho, ademais de que pesaba en torno os 130 quilogramos. De forma paralela, nos últimos anos tamén se acharon restos doutros «parentes» da familia « Thylacoleonidae», aínda que máis pequenos, como o « Wakaleo schouteni», que tiña o tamaño dun can; ou o « Microleo attenboroughi», da envergadura dun gato. Todos compartían uns premolares moi grandes, con forma de coitela, que usaban para cortar a carne das súas presas.
«Aínda que é o carnívoro marsupial máis grande de Australia, conserva moitas características indicativas da súa ascendencia de herbívoros Diprotodontes (xénero de mamíferos marsupiales de Australia extintos fai uns 46.000 anos) e a súa orixe foi obxecto de considerable debate durante máis de 150 anos», explican os investigadores no estudo. O equipo sinala que a cola do Thylacoleo era ríxida e moi musculosa, permitindo que se usase xunto coas extremidades posteriores a modo de « trípode» para liberar as superiores e poder agarrar os alimentos, como fan os canguros.
Con todo, a pesar do apelido de «asasino» e a crenza de que era un ser temible, posuía unhas costas ríxidas e unhas fortes patas dianteiras ancoradas a fortes clavículas, o que suxire que non era un gran cazador, aínda que si apto para emboscadas ou rescate (animais que caían das árbores), «o que leva á conclusión de que se trataba dun carroñero ou emboscador de presas grandes», sinalan. Ademais, as evidencias tamén apuntan a que era un gran escalador, posiblemente de árbores ou cavernas con paredes escarpadas.


Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar
1ºBACH A/Nº13
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-12-2018 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal