Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O acordo do Brexit non é negociable
Bruxelas advertiu a primeira ministra do Reino Unido Theresa May, que conta con poucas posibilidades de lograr novas concesións da UE respecto ao acordo do Brexit. O presidente da Comisión Europea Jean-Claude Juncker anunciou en Twitter que seguía convencido de que “o acordo do Brexit é o mellor e único posible”. Non hai marxe para volver a negociar, aínda que existe a posibilidade de concretar máis aclaracións. Posteriormente no pleno da Eurocámara en Estrasburgo, Juncker adicouse a reiterar que o pacto entre Bruxelas e Londres non se negociará e aclarou que o club dos vintesete endexamais deixará ladeada a Irlanda.

O martes once de decembro comezou en Holanda a “rolda europea” da ministra británica, en busca de aliados para negociar o tratado de Brexit. A representante do territorio británico decidiu comezar o seu percorrido nos Países Baixos, debido a que é unha gran aliada política do Reino Unido e un dos países máis atlantistas da Unión Europea. Os holandeses forman parte do grupo de socios fundadores do proxecto comunitario, sendo un dos maiores contribuíntes e un do máis afectados cun Brexit “duro”. Debido as condicións que se dan en Holanda, May decidiu comezar a rolda co xefe de Goberno liberal Mark Rutte e a canciller alemana, Angela Merkel.

Tras a súa cita coa delegada xermana viaxará a Bruxelas onde se verá co presidente do Consello Europeo, Donald Tusk e Junker a recibirá de forma posterior. O xoves iniciarase un consello decisivo convocada por Tusk, onde os líderes políticos europeos discutirán o que está a pasar. Tusk afirmaba que a pesar de que non se abren negociacións, están dispostos a discutir como facilitarlle a ratificación a Gran Bretaña.


Lucía Nieto Cancho
1ºBACH B/Nº6


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-12-2018 16:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal