Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os colexios médicos de España alertan do declive da primaria

Non son os 25 xefes de centros de saúde de Vigo. Non son os profesionais dos puntos de atención continuada de Galicia. É toda a atención primaria.A porta de entrada ao sistema de saúde, o alicerce da sanidade deteriórase de forma «progresiva e continuada», din os colexios médicos de toda España. Porque os conflitos que vive Galicia durante estes últimos meses repítense noutras comunidades autónomas. A asemblea xeral do consello xeral destes colexios reuniuse este fin de semana en Madrid e entre outras actuacións emitiu unha declaración de apoio e solidariedade «ás reivindicacións dos médicos de atención primaria, que coinciden coas que defende esta organización».

Nun decálogo, os colexios denuncian o abandono deste nivel asistencia, a carencia de médicos, a precariedade e a sobrecarga asistencial. Piden tempo e recursos para atender aos pacientes. «Unha atención primaria debilitada e sen alta capacidade de resolución lastrará todo o noso sistema sanitario público».

Paula Vázquez Dacruz 4ºB
Entre as peticións que recolle o comunicado figura aumentar o diñeiro que se destina á sanidade pública. O 7 % do PIB cun avance anual no apartado da primaria. E elevar as prazas mir de medicamento de familia e pediatría para permitir a reposición dos médicos que se xubilarán proximamente. Finalmente a asemblea reclama un monográfico do Consello Interterritorial do SNS para abordar todos os problemas que aburan á atención primaria.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-12-2018 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal