Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nace en Galicia 'Workshop Contract', un laboratorio de "materiais innovadores"
'Workshop Contract', un espazo innovador único en España para que profesionais do contract e a arquitectura poidan estar ao día nos últimos materiais e innovacións, abriu este xoves as súas portas no parque empresarial de Alvedro, en Culleredo (A Coruña) co obxectivo de ser un "laboratorio de materiais innovadores".

Nesta iniciativa, converxen unha decena de empresas do mundo do contract para crear "un taller de innovación", resumiu, na inauguración, Pablo García-Bodaño, o CEO de Tattoo Contract, unha das empresas impulsoras deste novo laboratorio.

Nas súas instalacións ofreceranse distintas propostas en todos os ámbitos da construción, mobiliario e deseño para aplicar no ámbito privado, comercial e sanitario.


Beatriz Ribeiro Pereira
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-11-2018 23:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal