Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Identificado un septuaxenario en Padrón polo abandono de oito cachorros de mastín
A Garda Civil do posto de Padrón, en colaboración coa Policía Local deste municipio coruñés, identificou a un home de aproximadamente 70 anos de idade ao que xa se lle levantou unha acta como presunto responsable do abandono de oito cachorros de can.

A investigación comezou despois de que os animais, de raza mastín e duns tres meses de idade, foron achados por un cazador no lugar de Cortiñas-Herbón. Posteriormente, os feitos foron denunciados por un concelleiro do Concello de Padrón.

A acción deste abandono causou ao consistorio un custo económico de 560 euros, debido a que é preciso desparasitar e identificar aos animais, entre outras accións, segundo explicaron a Europa Press fontes da Garda Civil. Dos oito cachorros, catro xa foron adoptados e os outros catro atópanse en réxime de acollida temporal por voluntarios.


Beatriz Ribeiro Pereira
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-11-2018 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal