Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O « brexit», un divorcio con suspense para Galicia
Plenos dereitos, pero só ata decembro do 2020. No Reino Unido reside, oficialmente, unha colonia de 14.000 galegos. É o cuarto país europeo de acollida para expatriados, por detrás de Suíza, Francia e Alemaña. Desde que arrincaron as negociacións de saída, o seu status foi a prioridade de todas as Administracións e do negociador europeo, Michel Barnier. A ameaza da premier, Theresa May, de pechar as portas e renegociar os dereitos dos cidadáns comunitarios residentes na illa foise diluíndo a medida que se lle foron abrindo vías de auga por múltiples flancos. Finalmente, os británicos comprometéronse a garantir todos os dereitos, incluída a reunificación familiar dos residentes galegos que cheguen á illa e consigan ese status antes de que finalice o período transitorio. A data de caducidade desa prórroga foi fixada inicialmente o 31 de decembro do 2020. Pero os Estados membro poderían alongala dous anos máis por unanimidade e previa solicitude británica. «Moitos pais e nais teñen aos seus fillos vivindo no Reino Unido. Con este acordo garántense os seus dereitos e liberdades. Fomos especialmente activos nesta negociación porque temos a moitos españois vivindo alí. Poderán seguir gozando dos seus dereitos ata o final das súas vidas», explicou o presidente, Pedro Sánchez.

Cando finalice ese impasse, os galegos que arriben ao Reino Unido deberán respectar o novo marco normativo migratorio. May anunciou que o endurecerá e que os comunitarios non poderán saltarse a cola: «O sistema basearase, non en de onde vén a xente, senón nas habilidades e talento que poden ofrecer».


Iago Fuentes Aller
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-11-2018 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal