Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Real Madrid volve perder

O 3-0 do marcador non reflicte do todo o que sucedeu onte en Ipurua. O Eibar mereceu unha vitoria máis avultada ante o peor Real Madrid de toda a tempada. Foi Courtois o mellor dun equipo, o branco, que onte só disparou unha vez entre os tres paus e que non levou unha goleada de escándalo grazas ao porteiro belga, ao que lle fixeron tres pero que salvou outros tres.
O Madrid saíu a Ipurua cun plan claro que non lle funcionou. Solari, coñecedor da trampa que preparaba Mendilibar -presión alta nun campo pequeno- tentou un xogo directo que implicaba que o balón non pasase polas botas de Kroos e Modric en moitas ocasións. Foron Ramos e Varane o que buscaban directamente aos dianteiros, principalmente a Bale e Benzema, desacertados onte en case todo. Foi o mellor Karim no ataque, pero caeu ata sete veces en fóra de xogo.
Sen intensidade, sen fútbol... e sen liderado. Porque ningunha das estrelas do Real Madrid apareceu ante o Eibar. A Bale só se lle viu para marcar un gol nunha xogada que xa estaba anulada e a súa presenza no equipo semana tras semana empeza a resultar sospeitosa. Estaba chamado a liderar ao Madrid sen Cristiano e esta tempada vai claramente de máis a menos.





Rodrigo Míguez Fernández
1°BACH B/N°6


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-11-2018 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal