Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A misión rusa para investigar se Neil Armstrong chegou á Lúa
O 21 de xullo de 1969, Neil Armstrong e o equipo do Apolo 11 completaron unha das maiores fazañas da historia: aterrar na lúa. «Este é un pequeno paso para o home, pero un gran salto para a humanidade», pronunciou Armstrong tras pousar os seus pés sobre o satélite, nunha frase que quedou xa para a posteridade.Desde entón, e a pesar da insistencia de Estados Unidos e a NASA na veracidade daquela primeira viaxe, foron moitos os que dubidaron de que fose real. As dúbidas acerca de se o Apolo 11 e Armstrong chegaron á Lúa estiveron sempre presentes, e mesmo as teorías máis conspiranoicas aseguran que este nunca foi real.
O próximo ano cumpriranse cincuenta anos daquel histórico instante, que desde Rusia tampouco terminan de crer como veraz. Nese sentido, Roscosmos, a axencia espacial rusa, anunciou agora a proposta dunha misión á Lúa que se encargue de verificar se aquela aluaxe do Apolo 11 foi ou non real.Así o confirmou este sábado o director xeral de Roscosmos, Dmitry Rogozin. «Establecemos este obxectivo: de voar e verificar se os estadounidenses estiveron alí ou non», sinalou Rogozin, en resposta acerca dunha pregunta sobre se a NASA chegou á Lúa ou non. Unha afirmación que fixo en ton distendido, aínda que os antecedentes dotan de moita realidade.
O pasado ano 2015, o Comité de Investigación de Rusia pediu a apertura dunha investigación acerca das aluaxes estadounidense, dubidando así da súa veracidade. Rusia, como parte elemental da extinta Unión Soviética, abandonou na década de 1970 o seu programa lunar, despois de que explotasen no espazo catro foguetes lunares que enviaran de maneira experimental.




Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar Nº13
1ºBACH A/ Nº13


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-11-2018 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal