Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Obstáculos fronte a inmigración ameazan a chegada de investigadores ao Reino Unido
O Reino Unido, un dos países europeos que máis españois con talento absorbeu nos últimos anos, está a estudar a imposición de barreiras a inmigración tras o Brexit, cerrando oportunidades de traballo que afectan principalmente ao persoal ligado ao sector científico.

O goberno británico atopase ultimando unha proposta de lei onde presenta as novas normas migratorias aplicadas as persoas que cheguen ao país, unha vez que estes rompan totalmente os seus vínculos coa Unión Europea. Os pormenores do documento aínda no sen coñecen, pero a administración avanzou que os cidadáns da Unión Europea poden deixar de recibir un trato favorable respecto a outros estranxeiros. Dentro das medidas promovidas polo ministro de Interior, Sajid Javid, inclúese a necesidade de acreditar un salario mínimo para poder recibir un permiso de traballo cualificado.

Esta restrición afecta a investigadores graduados recentemente e técnicos de laboratorio, segundo os datos recollidos pola Sociedade de Científicos Españois no Reino Unido (CERU) que representa a casi 700 dos aproximadamente 5.000 investigadores de procedencia española que traballan en territorio británico. “Preocúpanos que as propostas non teñan presente os múltiples aspectos de como funciona a investigación. Intentan equilibrar o salario coa cualificación e non é sempre unha relación tan directa”, palabras de Javier Escudero, enxeñeiro na Universidade de Edimburgo e presidente da CERU.

“A capacidade de contratar persoal internacional cunha variedade de habilidades e con barreiras mínimas é fundamental para o éxito das nosas universidades”, Alistair Jarvis, director executivo da asociación de rectores Universities Uk.

As críticas as novas medidas migratorias son constantes é están a calificar se como erróneas. A redución da diversidade no ámbito laboral ven acompañada de problemática constante e consecuencias negativas, para o goberno e nación británica e para os inmigrantes que tratan de buscarse un oco no panorama científico.



Lucía Nieto Cancho
1º BACH B/Nº6


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-11-2018 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal