Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A voda de Marta Ortega e Carlos Torretta

Marta Ortega, filla do fundador de Inditex Amancio Ortega, contrae este venres matrimonio co axente de modelos Carlos Torretta nunha cerimonia civil e íntima que ten lugar na casa familiar do Paseo da Dársena da Coruña nun día de sol na cidade herculina. O cóctel posterior ao enlace terá lugar no mesmo edificio e pola tarde noite celebrarase unha festa no Náutico para 400 invitados e mañá outra no Centro Hípico Casas Novas.

Os noivos, así como Amancio Ortega e Flora Pérez, durmiron xa na casa familiar do Parrote onde ao longo da mañá foron chegando os invitados máis próximos que asisten a cerimonia civil. Uns dos primeiros en aparecer foron os pais do noivo, Roberto Torretta e Carmen Echevarría.

Á unha menos vinte chegou o notario Francisco Manuel Ordóñez, amigo persoal da familia, que oficia a voda que é con réxime económico e separación de bens.

Durante toda a mañá houbo moito tráfico entre o hotel Finisterre, onde se aloxan entre outros, membros da familia do noivo e algúns invitados, e a casa familiar dos Ortega.

Para este día tan especial, Marta Ortega escolleu ao maquillador Pablo Iglesias, que chegou á casa familiar da Dársena a primeira hora da mañá para maquillala e peiteala. É o maquillador de estrelas de cine como Penélope Cruz e un dos especialistas neste ramo mellor valorado polas “celebrities”.


Noa Varela Varela
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-11-2018 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal