Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Luz Pozo Garza xa é filla adoptiva de Viveiro

A poeta e académica Luz Pozo Garza recibiu na mañá do domingo unha homenaxe ao ser nomeada como filla adoptiva de Viveiro, lugar en que pasou parte da súa infancia e onde exerceu a docencia.
O Teatro Pastor Díaz acolleu unha sentida homenaxe Luz Pozo Garza na mañá do domingo, cando foi nomeada filla adoptiva de Viveiro. A poeta e académica, que fechou a súa intervención coa lectura de dous poemas que verán a luz nun próximo libro, viviu parte da súa infancia neste concello da Mariña, onde tamén exerceu a docencia durante anos.
O pleno da corporación municipal acordou outorgarlle a distinción a Luz Pozo Garza por unanimidade o pasado 11 de outubro a iniciativa de Luís Fernández e Marisol Prieto e que contou co apoio de máis de 160 veciñas e veciños da localidade. Non é o único recoñecemento que recibe Luz Pozo Garza en Viveiro. E é que no mes de marzo, o claustro da Escola Oficial de Idiomas de Viveiro decidiu poñerlle o seu nome ao centro educativo, que se sumou así á campaña Nomearnos en feminino do Observatorio pola Igualdade da Mariña.


Ricardo Tornero Belloso
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-11-2018 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal