EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un fármaco experimental logra retardar o alzhéimer. A multinacional Grifols presenta os resultados dun ensaio clínico realizado en España e EE UU


A multinacional de hemoderivados Grifols presentou este sábado os resultados dun ensaio clínico que demostra unha retardación do 61% na progresión do alzhéimer en pacientes de estadio moderado, nun novo paso cara a unha posible vía de tratamento contra esta enfermidade neurodexenerativa nalgúns pacientes.
O ensaio, denominado Ambar (Alzhéimer Management By Albumin Replacement), contou coa participación de 496 pacientes de 41 hospitais de Estados Unidos e España, e consistiu na combinación da extracción periódica de plasma e a súa substitución por unha solución de albúmina, unha proteína plasmática.
Este tratamento baséase na hipótese de que a maioría da beta- amiloide, unha das proteínas que se acumula no cerebro das persoas con alzhéimer, circula no plasma ligado á albúmina.
A extracción deste plasma podería desprazar a beta- amiloide do cerebro cara ao plasma, limitando o impacto desta enfermidade nas funcións cognitivas do paciente.
Segundo Grifols, na poboación de pacientes con alzhéimer en estadio moderado, os resultados demostraron unha retardación do 61% na progresión da enfermidade, mellorando tanto a capacidade cognitiva como de desenvolvemento de actividades cotiás. No grupo de pacientes en estadio leve os resultados non alcanzaron unha significación estatística na retardación no progreso da enfermidade.
Ambar é un ensaio clínico internacional, multicéntrico e dobre cego —os pacientes non saben se recibiron tratamento ou placebo— no que participaron preto de medio milleiro de enfermos de alzhéimer en estado leve e moderado de entre 55 e 85 anos. O desenvolvemento do novo fármaco afronta así a súa última etapa, na que deberá ratificar os resultados obtidos ata a data en mostras moito maiores de enfermos e, posteriormente, obter a aprobación das autoridades sanitarias para a súa futura saída ao mercado.
O presidente de Grifols, Víctor Grifols, sostén que estes resultados “abren unha nova vía no tratamento da enfermidade de alzhéimer” e remarcou que a súa compañía “seguirá explorando o potencial das proteínas plasmáticas e do recambio plasmático en estudos posteriores”.

Susana Velasco Martínez
1° Bach B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-11-2018 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal