Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A lucense María Xesús Lama, Premio Nacional de Ensaio
María Xesús Lama recibirá o Premio Nacional de Ensaio por “Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863)”. Nada en Lugo en 1964, esta filóloga é na actualidade profesora titular de galego na Universidade de Barcelona (UB), tradutora e colaboradora de revistas literarias.
O xurado eloxia a súa obra por revisar a “imaxe tópica” desta figura do Rexurdimento.
O prestixioso galardón do Ministerio de Cultura recoñece a traxectoria de María Xesús Lama, investigadora do proceso de construción nacional e da literatura de Galicia. A lucense desenvolveu os seus estudos cara os orixes da literatura galega, arredor do herdo celta, os motivos da emigración e o exilio, e o tratamento da propia Rosalía de Castro como escritora fundacional das letras en lingua galega.
O ensaio premiado contribúe a reformular a concepción romántica de Rosalía de Castro, amosando unha escritora “lúcida, independente, defensora da liberdade, a igualdade e a xustiza social”. O Premio Nacional de Ensaio está dotado con 20.000 euros.


Lucía Alvarellos 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 14-11-2018 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal