EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PPdeG e PSOE se alían nas súas demandas ao Goberno e no autogoberno fronte á "recentralización"
O cambio de cor política no Goberno do Estado e as grandes diferenzas entre socialistas e populares nese contexto pasaron por encima do Debate sobre o Estado da Autonomía. No día en que se coñece un acordo de PSOE e Unidos Podemos para os orzamentos xerais en Madrid, en Galicia os populares lograron que o PSdeG lle apoie case o 42 por cento das súas propostas, ao que hai que engadir outros acordos conxuntos.

Coa chegada de Pedro Sánchez ao Goberno central, o debate no Congreso sobre a titularidade da AP-9 quedou desbloqueado, pero fronte á primeira posición unánime que incluía a posibilidade de rescatar a autoestrada para a administración pública, socialistas e populares quedan agora en unicamente reclamar o traspaso para a comunidade.

Tamén se aliaron ao ratificar os prazos do AVE. É dicir, o último dado polo Goberno de Mariano Rajoy (en 2019 en probas) e referendado, despois, polo propio Pedro Sánchez e o ministro José Luís Ábalos ao Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo. En Marea votou en contra, mentres que o BNG abstívose.Á marxe das reclamacións ao Goberno central, PPdeG e PSdeG escenificaron a súa visión conxunta do modelo de Estado cun consenso explícito sobre o autogoberno e a fórmula territorial actual, fronte ao debate da recentralización que o propio líder dos populares nacionais, Pablo Casado, expuxo en materia educativa, iso si, para as comunidades "non leais".


Beatriz Ribeiro Pereira
4º ESO B

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-10-2018 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal