EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ENXEBRE
Bos días amigXs. Son as oito da mañá e aquí estou diante do ordenador para procurar unha noticia, unha idea, un suceso, algo ... do que poder falarvos.
Son centos de cousas as que se amorean na miña cabeza e bolboretas as que sinto no meu estómago. Vou ter que almorzar porque a miña nai xa anda a voltas co forno e cos doces e a boca vólveseme auga. Logo volvo, deica.
...
Xa estou aquí co bandullo cheo!
Direivos que esta fin de semana viñemos para a casa da aldea. Isto encántame porque podo gozar da natureza tal como é. Temos montes, ríos, regatos, gando, animais do monte (raposos, xabarís, corzos, lebres, lobos..)
Gústame moito estar aquí xa que teño todo o que preciso: silencio para poder dedicarme ás miñas tarefas, podo saír a tomar o aire sen necesidade de “cambiarme” para ir á rúa; Temos moitas pistas e sendeiros por onde poder facer as nosas camiñatas diarias atravesando pontes e ríos, a Ponte de Freixo, o Refuxio, a Fonte Santa... son moi famosos os roteiros que se fan atravesando esta zona, un dos máis longos é o Camiño Natural Celanova-Ourense, con 38 quilómetros.
Unha das cousas que máis me gusta é o pobo de abaixo, o pobo orixinal de onde saíu toda a xente. Non perdeu a súa esencia. As bodegas de pedra e musgo, o “talleiro” que está cheo de canastros, o “campo” onde se poden coller unhas moras enormes, a fonte onde aínda hoxe a xente vai coller auga fresca nos “botixos”, as portas das cuadras feitas de madeira cos pechos en forma de cruz, a capela do San Antonio, as viñas os cangallos de uvas colgando, as figueiras cos figos maduros ... Cando a miña nai me conta historias que á súa vez lle contaron a ela, paréceme que as vivo en primeira persoa. É unha sensación incrible! Algún día teño que recoller todas esas historias para queden plasmadas en papel e non se perdan.
Pasas por diante das casas e cheira a gando, lama e porque non dicilo, a “bostas” que traducido significa merda de gando. Pero tamén cheira a leña ardendo, a quentura de fogar, arrecendo das bicas acabadas de facer, a caldo feito nas cociñas de leña... a empanada de forno en domingo, a rosquillas, arroz con leite, leite frita... É domingo.
As mulleres apuran a comida para deixar todo feito antes de ir á misa e os homes acomodan o gando nas cuadras porque está chovendo e hoxe non poden saír a pacer ao campo. E a tarde é sagrada. Hoxe toca partida no bar e tarde de sofá.
Pasas diante dunha casa e ladra un can, pasas diante doutra e ladra outro... e vénseme á cabeza os nomes que a xente lle pon aos cadelos. Falando con miña nai e pensando, decatámonos de que gaña por maioría Toby para os machos e Laika para as femias.
E mira por onde que sen máis, remato por hoxe. O meu pobo da para moito. Quizás para a semana vos narre algunha das historias que miña nai me conta. De medo... de risa... A velas quedamos.
Pasar boa semana e a ser felices!




Localización
Parroquia: As Marabillas (Nosa Señora das Marabillas)
Lugar: As Marabillas
32824 Cartelle - Ourense
Coordenadas:
42º 12' 59.4" N - 7º 56' 50.6" W




Clara María Domíngiuez Iglesias
1°BACH A





Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-10-2018 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal