Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A serie 'Fariña' internacionaliza o galego máis enxebre
A serie esperta o interese por coñecelo significado de palabras e expresións como "filloas", "farto", "argallar", "parvo", "pailán", "cara de toxo"... Os últimos curiosos por aprendelas son os arxentinos.
A serie 'Fariña' converteuse en todo un fenómeno de masas, grazas á polémica arredor do libro homónimo de Nacho Carretero que foi durante un tempo secuestrado pola Xustiza. Favorecida por esta inesperada campaña promocional, e avalada pola súa boa factura, a serie non só foi un éxito en toda España durante a súa emisión en Antena 3; Netflix fíxose tamén cos dereitos para incluíla no seu catálogo e internacionalizala. E con ela, o galego máis enxebre estase a universalizar facéndose agora popular alén das nosas fronteiras.

Lucía Alvarellos 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 14-10-2018 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal