Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Gaiman, único autor popular na terna final do Nobel alternativo de literatura.
O inglés Neil Gaiman, a escritora francesa nada en Guadalupe Maryse Condé e a vietnamita afincada en Canadá Kim Thúy. Aceptada a renuncia do xaponés Haruki Murakami -que este anunciou a mediados de setembro a través da súa conta de Facebook-, quedaron os tres autores citados como os finalistas que compoñen a terna da que hoxe sairá o elixido, o escritor que ha de ser ungido co primeiro galardón impulsado por The New Academy , un premio alternativo nado para cubrir o baleiro que deixou a suspensión do Nobel de Literatura e dotado cun millón de coroas (ao redor de 97.000 euros). De entre os tres, só Gaiman é un escritor popular -popularísimo, diríase-, e non só polas súas moitas incursións no terreo do cómic. É máis, os seus millóns de fans son especialmente fieis e rozan o terreo do friki cando esperan con devoción as súas novas publicacións, coma se o lanzamento fose parte dun programa de merchandising do señor dos aneis ou A guerra das galaxias.

Aitana Lanzós 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 14-10-2018 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal