EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Aparece o cadáver dun home nunha leira no Castrillón

Aínda que se descoñece a identidade do falecido, descártase que se trate de José Luis Fernández Ibáñez, o veciño de Eirís que desapareceu fai case seis meses.
O corpo sen vida dun home, de entre 30 e 40 anos, apareceu esta mañá nunha parcela no cruzamento entre as rúas Curtis e Bergondo, O Castrillón. Foron os veciños da zona os que alertaron ao 061 do achado. Unha ambulancia medicalizada desprazouse ata o lugar, onde atoparon a unha persoa sen pulso, e a pesar de que levaron a cabo manobras de reanimación, non puideron máis que confirmar a súa morte.O corpo do falecido, do que se descoñece a identidade, presenta signos de violencia. Ao tratarse dun home de entre 30 e 40 anos descártase que se trate de José Luis Fernández Ibáñez, o veciño de Eirís de 71 anos que desapareceu da súa casa fai case seis meses.
Axentes da Policía Local e Nacional desprazáronse ata a zona, onde habilitaron un perímetro de seguridade á espera de que chegue o forense para proceder ao levantamento do cadáver. As causas do falecemento non se coñecerán ata que se lle realice a autopsia.

Juan García Ocampo 4ªB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-10-2018 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal