EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un selo conmemorativo e un gran mural para a recta final do Ano María Victoria Moreno
María Victoria Moreno será a protagonista dunha tiraxe especial de selos de correos para coleccionistas. Verá a luz o vindeiro 22 de novembro, o día do 13 cabodano da autora á que a Real Academia Galega dedicou este 2018 o Día das Letras Galegas. O Concello de Pontevedra agasallará cun selo da tiraxe especial as distintas entidades implicadas no Ano María Victoria Moreno, os centros sociais da cidade e a familia da autora. As persoas interesadas en facerse cun destes selos tamén poderán solicitalo á administración local, segundo anunciou onte o concelleiro de Normalización Lingüística.
A Real Academia Galega celebrará, pola súa banda, os días 27 e 28 de novembro o Simposio María Victoria Moreno cun completo programa de relatorios e mesas redondas. Os encontros terán lugar na sede da institución, na rúa Tabernas da Coruña.


Lucía Alvarellos, 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 07-10-2018 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal