EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Dous incendios activos en Nogueira de Ramuín e Muíños afectan a unhas oitenta hectáreas
Dous incendios forestais están activos na provincia de Ourense desde onte á noite. O de maiores dimensións afecta ao concello de Nogueira de Ramuín, á parroquia de Santo Esteve De Ribas de Sil. Comezou ás 21:10 do xoves e afecta a 75 hectáreas, segundo datos recolleitos pola Consellería de Medio Rural ás 9:30 horas desta mañá.
En Muíños, está activo outro lume que comezou ás 22:05 de onte e afecta a zona do parque natural do Xurés, na parroquia de Prado de Limia. A estimación provisional é dunhas oito hectáreas de superficie queimadas. Medios de extinción terrestres e aéreos combaten ambos os incendios.

Alba Osorio 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-10-2018 19:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal