EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

"Edificios enfermos": urxen controis tras dúas sentenzas

A recente sentenza do Xulgado do Contencioso número 1 de Ourense, que recoñece como accidente laboral a síndrome de sensibilidade química múltiple ou síndrome do "edifico enfermo", –relacionado coa contaminación do aire en espazos pechados–que adquiriu unha traballadora no inmoble de Política Social da Xunta, en Sáenz-Díez, dá un impulso a sindicatos como CSIF, que reclama "medidas urxentes" á administración para que as construcións deste tipo pasen controis e medicións "que garantan a seguridade dos traballadores".

O propio fallo cita como exemplo de "edificios que xeraron serios problemas de habitabilidade por mor da ventilación" ao de Ferro do Campus ourensán e á nova cidade da xustiza de Málaga. Aínda que máis preto, o novo edificio xudicial no Couto, non está exento de polémica entre os traballadores. Con todo, o sindicato insiste en evitar caer no "alarmismo".

Paula Váquez Dacruz
4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-10-2018 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal