EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DESALOXADOS PRETO DE 30 ADOLESCENTES QUE VIVÍAN NUN HISTÓRICO PALACETE CORUÑÉS

Alguén que non quere desvelar o seu nome pagou hai 6 meses preto dun millón e medio de euros por unha das casas máis bonitas e singulares da Cidade Vella coruñesa.

Este venres decatouse de que o histórico inmoble levaba tres meses sendo ocupado por preto de 30 adolescentes, moitos deles magrebís fuxidos de centros de menores e pequenos delincuentes.

Un veciño decatouse, chamou á Policía Nacional e cando os axentes presentáronse, tras unha densa cortina de fume de marihuana que botaba para atrás, empezaron a aparecer mozos por todas partes. Tantos, que tiveron que mobilizar tres furgóns policiais e dous vehículos camuflados.

Un a un foron identificando e un a un foron abandonando o singular palacete sen dicir nin  mu, resignados e coa cabeza gacha. Coas súas mochilas ao lombo e algún ata coa súa bicicleta. Non houbo discusión. Ao tratarse de adolescentes, a Policía só puido identificalos e deixalos ir. Iso si, sen a marihuana que se estaban fumando ás seis da tarde do venres, cando se produciu o sorprendente achado.
Descoñécese si sabían do valor do edificio que ocuparan. Perfectamente conservado, o palacete, construído no século XVIII, coñecido como o Consulado, pois aí tivo Francia a súa sede diplomática en Galicia durante moitos anos, e situado fronte ao cuartel de Capitanía, está catalogado como de singular valor arquitectónico integral. É das casas máis fotografadas polos turistas que pasean pola Cidade Vella.


                                                         ALBA MILLÁN BORRAJO
4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-10-2018 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal