Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xogos Olímpicos da Xuventude de verán
Este 2018, Bos Aires acolle a terceira edición dos Xogos Olímpicos Xuvenís de verán. A capital arxentina celebra durante 12 días e desde o 6 de outubro ás 18.00 (hora local) un evento deportivo que o Comité Olímpico Internacional cualifica de "elite" e que está destinado a mozos de todo o mundo. A competición comezará xusto un día despois da apertura, o domingo 7 de outubro. Máis de 200 países e 4.000 atletas de entre 15 e 18 anos participan cada catro anos nunha festa que se parece moito aos Xogos Olímpicos.
Nesta ocasión a súa mascota é Pandi, un xaguar arxentino que ama os deportes. Ademais, contará con novas modalidades como o Kiteboarding, o BMX Freestyle Park e unha nova versión de balonmán que se xoga na praia. Sorprende que entre as 37 disciplinas non se atope o fútbol como tal, se non o fútbol sala. Este ano tamén haberá eventos mixtos en canto a xénero e o pebeteiro será aceso por unha muller e un home. En total entregaranse 1250 medallas e todo se poderá ver por completo na canle oficial de YouTube dos Xogos.


Rodrigo Míguez Fernández
1ºBACH B
Comentarios (0) - Categoría Xogos - Publicado o 07-10-2018 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal