Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A inminente chegada de Apple Pay Cash
Apple Pay Cash é un sistema de pagos móviles entre particulares creado por Apple grazas a colaboración do banco estadounidense Green Dot Bank con Apple. Este sistema de pagos a diferenza dos que actual operan en España (como Bizum, Twyp...) ou cos que pronto chegarán (WhatsApp Pay), non só se pode enviar diñeiro entre particulares como pasa cas citadas anteriormente; en Apple Pay Cash todo o sistema de pagos xira ao redor dunha tarxeta de prepago polo que poderás usar os cartos que teñas nesa tarxeta para devolver o que debes da cena de onte e tamén para pagar en tendas cos cartos que che paguen como si usases unha tarxeta do banco tradicional. Todo isto de maneira gratuíta (soamente existe unha comisión do 3% do que se recargue no sistema desde unha tarxeta de crédito, porén as recargas dende tarxetas de débito e prepago son gratuítas.).
Ademáis a chegada é inminente a España. Apple xa presentou as patentes mediante a subempresa Pateltly Apple na oficina europea de patentes e xa ten os permisos necesarios para empezar a operar. Unha proba de que está a piques de chegar é por que xa está no código de iOS 12 (a última versión que usan os seus iPhones e iPads) a tradución ao francés, español e alemán dos pasos a seguir para activar o servizo. Outra proba é que Apple confirma que hai usuarios aleatorios que poden activar o servizo (pero sen chegar a utilizalo), pero en resumidas contas: Todo depende de cando Apple decida activalo para España.
¿Por qué merece unha noticia Apple Pay Cash?
O motivo e que a piques de cambiar a forma de pagarse entre persoas, xa que pronto se acabará a costume de levar moedas encima para pagar a amigos e tendas e potenciarase aínda máis o uso das tarxetas, aumentando as vendas online e en comercios (recordemos que España é un país cas mellores redes de pagos dixitais do mundo).
Tamén se debería acosellar que as expectativas non deberán estar moi altas porque aínda que as vendas de Apple en España superan o seu record anualmente, so o 20’87% dos móbiles de España eran iPhone según Statista (Este ano aínda non hai estudos sobre a cuota de mercado, pero de seguro elevouse lixeiramente esa cifra.)

David Santeiro
1º Bach B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-10-2018 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal