Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UNHA MULLER GANA POR PRIMEIRA VEZ UN MUNDIAL DE MOTOCICLISMO

O domingo 30 de setembro a española , Ana Carrasco, fixo historia ao converterse na primeira muller que gaña un Mundial de velocidade de Motociclismo FIM. Fíxoo na categoría Supersport 300, rompendo todos os moldes e barreiras. Dando exemplo a todo o mundo; demostrando que cando alguén se propón acadar una meta, con traballo e tesón, pódese conseguir por moi difícil que sexa.
Ana saía na posición 25ª e despois de disputar unhas carreiras complicadas debido ao aumento do lastre que lle colocaron na súa moto polo seu pouco peso, a moza soupo atopar a contrarreloxo una a estratexia que lle permitise gañar. E esta vez, a xustiza impúxose, e tras unha carreira absolutamente tola, Ana Carrasco impúxose por un só punto a Mika Pérez.
A murciana de 21 anos declaraba que estaba moi contenta, pois o camiño non foi doado; e agradeceu a Kawasaki , ao seu equipo e á súa familia todo o apoio que lle prestaran. Ademáis, adicou o título ao seu amigo , o piloto Luís Salom, falecido en 2016, pois tal e como prometera o día que Luis morreu, o seu primeiro título sería para él.
A piloto é todo un exemplo para moitas mulleres deportistas que tentan abrirse un camiño en deportes case exclusivos para os homes. Ana demostrou que dá igual o sexo, a idade ou calquera outra cousa. O que importa é o talento e a constancia. Os éxitos chegan con traballo, esforzo, superación e son para aqueles que nunca se renden. E iso é o que deixou claro a todo o mundo esta moza á que todavía lle quedan moitos triunfos que celebrar.

Jaime Eiriz
1º Bach. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-10-2018 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal