Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As serpes que viaxaron en avión para invadir unha illa

As serpes arbóreas marróns, protagonistas de #Cienciaalobestia, chegaron á illa de Guam, no océano Pacífico, por accidente durante a Segunda Guerra Mundial. Desde entón convertéronse na maior praga de todos os tempos ao aniquilar case todas as especies de aves da illa. Agora, un estudo sinala que o seu éxito invasor produciuse en parte pola introdución do transporte aéreo.

Aínda que parece o argumento dunha película de terror de serie B, a historia das serpes arbóreas marróns (Boiga irregularis) é tan real como aterradora. Nos últimos 80 anos, este reptil procedente do leste e norte de Australia, Papúa Nova Guinea, e outras illas do Pacífico, converteuse nunha das especies invasoras máis exitosas do mundo.

O equipo analizou a toxina do reptil e concluíu que é especialmente venenosa para as aves. Para os humanos non é perigosa

Todo empezou durante a Segunda Guerra Mundial cando foron introducidas por erro na illa de Guam, o territorio máis grande e meridional das illas Marianas no océano Pacífico e que corresponde a un dos 14 territorios non incorporados de EE UU. O impacto do reptil na illa foi devastador.

A serpe fixo autostop subida nos portaavións da tropas australianas e desde entón levou á extinción a múltiples especies de aves nativas. Na actualidade, só quedan tres na illa?, relata Bryan Fry, investigador da Universidade de Queensland e coautor do traballo, que se publicou no Journal of Molecular Evolution.

Para entender por que se está producindo este exterminio de paxaros, o equipo de científicos australianos e estadounidenses analizou a toxina do reptil e concluíu que é especialmente venenosa para as aves. Para os humanos non é perigosa.

O veneno da serpe é 100 veces máis tóxico para as aves que para os mamíferos?, subliña Fry. Contén unha toxina formada por outras dúas máis pequenas que están unidas, engade o investigador australiano. Esta característica, con todo, non é exclusiva desta especie de serpe.

A vantaxe biolóxica da serpe arbórea marrón viuse favorecida pola introdución do transporte aéreo

A investigación revela que calquera serpe do xénero Boiga, ao que pertence a serpe arbórea marrón, tamén coñecida como a culebra arbórea café, puidese provocar unha hecatombe similar de paxaros. Pero só Boiga irregularis foi transportada a un lugar que non lle correspondía.

Tomás Leis Bravo
4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-09-2018 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal