Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unanimidade no Parlamento para reclamar a entrada gratuita al Pórtico da Gloria e as catedrais.

O Parlamento galego acordou este xoves por unanimidade --após unha proposta do PSdeG-- instar á Xunta a que acorde coa Igrexa que se permita a visita libre e gratuíta ao Pórtico da Gloria, así como ás catedrais de Mondoñedo (Lugo), Ourense e Tui (Pontevedra) polo menos catro días ao mes.

Na comisión de Cultura da Cámara, a deputada do PSdeG Concepción Burgo remarcou que deben estar polo menos catro días durante catro horas abertos ao público de forma gratuíta en cumprimento da lei de patrimonio cultural de Galicia.

Burgo denuncia "unha situación de absoluta inxustiza que a Xunta tolera porque lle tolera todo á Igrexa" e "non se pode tolerar que incumpra a lei de patrimonio“.

De tal forma, insta ao Goberno galego a que traslade na comisión mixta Xunta-Igrexa a demanda de que cumpra coa lei de patrimonio e para lembrarlle que "todos os cidadáns" son "iguais ante a lei".

Alba G. Salgado,2ºBACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-09-2018 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal