Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Festival Rosalía de Santiago reivindica a "superheroína" da cultura galega con talleres de rap e 'grafitis'.
Rosalía de Castro foi a protagonista da segunda edición do festival que durante este sábado 29 de setembro reuniu na Praza de Cervantes de Santiago de Compostela espectáculos de música, teatro, danza, talleres de rap, a elaboración dun 'grafiti' e centos de produtos de Rosalía. Para presidir o cartel do 'Festival Rosalía' deste ano, a imaxe que se trasladou dela foi a dunha superheroína.Foi unha xornada chea de actividades variadas para todas as idades, coas que se quixo homenaxear a Rosalía, reivindicándoa como escritora moderna e revolucionaria, defensora dos dereitos de Galicia e das mulleres e, tamén, dunha cultura galega con superpoderes.A xornada tamén convocou a creadores que están a elaborar distintos produtos ao redor da figura de Rosalía, así como a grandes nomes da cultura galega que traen Rosalía ás novas linguaxes

Sofía Cougil García, 2ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-09-2018 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal