Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A débeda pública en Galicia sobe en case 190 millóns nun ano, até os 11.549 millóns
A débeda pública de Galicia subiu en 186 millóns de euros nun ano, até situarse en 11.549 millóns, segundo os datos que publica este venres o Banco de España. Desta forma, ao finalizar o segundo trimestre do ano, o cociente de débeda/PIB de Galicia situouse no 18,6%.
A cifra supón, con todo, unha baixada de 201 millóns de euros con respecto á alcanzada no primeiro trimestre, a marca histórica de débeda pública galega, que chegou aos 11.750 millóns de euros.
A Xunta de Galicia, a través dun comunicado, puxo en valor este descenso, que sitúa a porcentaxe de débeda por Produto Interior Bruto no 18,6%, cinco décimas por baixo da rexistrada no primeiro trimestre, con 19,1%. Tamén é inferior á do mesmo período do ano anterior, cando alcanzaba o 19,0%.
No entanto, a cifra galega é superior á rexistrada a finais do 2017, cando baixaba ao 18,4%.
En todo caso, a Xunta pon en valor o diferencial positivo de Galicia respecto da media autonómica (24,7%) que aumenta até os 6,1 puntos e resalta que en 2008 as cifras estatais e autonómica eran iguais. Con todo, a porcentaxe fai dez anos era do 6,7% en ambos os casos e a débeda galega de 3.954 millóns.
No seu comunicado, o goberno galego anuncia que prevé que o endebedamento continúe baixando até o peche do exercicio, o que permitirá cumprir "un ano máis o límite de débeda fixado polo Consello de Política Fiscal e Financeira, como fai Galicia ano a ano durante a última década".

Raúl Rodríguez Seone, 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-09-2018 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal