Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Da colmea á onda
Un apicultor e un programador informático da Coruña, Iñaki López e Pablo Branco, acaban de sacar ao mercado unha cera cento por cento natural para táboas de surf procedente dunhas colmeas de Monfero, en plena montaña coruñesa. Trátase dun produto que pretende ofrecer unha alternativa ecolóxica ao mercado dominado pola industria petroquímica, tal e como contaron a Efe os dous mozos que están detrás deste proxecto. A paixón polo surf foi o primeiro que uniu a Iñaki, que ademais de apicultor é artista plástico, e a Pablo, que tamén é fabricante de táboas de surf a pequena escala.
Os dous descubriron moi pronto que ademais do surf compartían certa "incontinencia creativa" da que, entre outras moitas ideas, saíu esta cera ecolóxica que, tras un ano de ensaio erro, acaba de ver a luz e que xa está no mercado en forma de pastilla e baixo o nome de Ula Onda. Iñaki conta Efe que todo comezou o día que decidiu "aproveitar" o excedente de cera que recollía da súa explotación apícola para elaborar unha de "uso persoal" para poder aplicar sobre a súa propia táboa.
Aínda que eles contan o proceso coma se tratásese dunha receita sinxela que calquera puidese elaborar na súa propia cociña -cera, aceite de oliva e resina de piñeiro-, dar coas cantidades apropiadas foi un traballo arduo de meses nos que se refugaron moitas pastillas que non cumprían as expectativas nin de Iñaki nin de Pablo. O ingrediente principal de Ula Onda -un 75%- é cera de opérculos, a máis apreciada de todas as ceras e a que empregan as abellas para recubrir a cela dos panales; de aí a pureza e exquisitez deste produto
Antes de colocar a primeira pastilla de Ula Onda no mercado, esta foi testeada por varios surfeiros profesionais que deron a súa "aprobación" tanto pola calidade como pola orixe do produto. "O feito de que se trate dunha cera fabricada por abellas do rural galego é un valor engadido que, quen a proba, teñen moi en conta", explica Iñaki. Non en balde o colectivo surfeiro é un firme defensor do medio ambiente e da contorna, así que, para moitos, utilizar este tipo de produto natural é #cuestión de coherencia.

Ester Barreira Cartelle, 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-09-2018 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal