Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unanimidade do Parlamento para reclamar que a Igrexa permita a visita gratuíta ao Pórtico da Gloria e as catedrais
O Parlamento galego acordou este xoves por unanimidade --após unha proposta do PSdeG-- instar á Xunta a que acorde coa Igrexa que se permita a visita libre e gratuíta ao Pórtico da Gloria, así como ás catedrais de Mondoñedo, Ourense e Tui polo menos catro días ao mes.

Na comisión de Cultura da Cámara, a deputada do PSdeG Concepción Burgo remarcou que deben estar polo menos catro días durante catro horas abertos ao público de forma gratuíta en cumprimento da lei de patrimonio cultural de Galicia.
Respecto diso, Burgo denuncia "unha situación de absoluta inxustiza que a Xunta tolera porque lle tolera todo á Igrexa" e "non se pode tolerar que incumpra a lei de patrimonio", mentres lembra que, por exemplo, a Catedral de Santiago xestiona 17 millóns de euros en axudas públicas.
"Considero que non se debe cobrar en ningún momento, pero imos por partes e comecemos por pedir que cumpran a lei e abran as catedrais e tamén o Pórtico da Gloria", apunta.
Neste sentido, carga contra o que considera avaricia dos responsables do templo compostelán por querer cobrar 10 euros pola visita ao Pórtico da Gloria, mentres indica que "as desculpas do Cabildo e da Fundación da Catedral" por cobrar entrada "non serven".
De tal forma, insta ao Goberno galego a que traslade na comisión mixta Xunta-Igrexa a demanda de que cumpra coa lei de patrimonio e para lembrarlle que "todos os cidadáns" son "iguais ante a lei".


Eva Muñiz Outeiriño 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-09-2018 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal