Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A literatura é unha actividade política

Iridium é a nova novela de Francisco Castro (Vigo, 1966). En apenas dez días esgotou a súa primeira edición. O escritor fai un alto no camiño de presentacións que o leva por toda Galicia para falarnos do proceso creativo, do seu labor á fronte de Galaxia e das fortalezas e necesidades do panorama literario galego. Vela ai un extracto da entrevista publicada no número 315 de Sermos Galicia.

O obxectivo primeiro é escribir un bo libro, iso sempre, é dicir, o primeiro que lle pido, como editor, a calquera que me presenta un libro é que sexa un bo libro e o primeiro que me esixo a min como escritor é facer unha boa novela, independentemente de que despois, ademáis, busque cousas. Creo que a literatura é unha actividade política. Non creo a quen di que fai literatura como simple entretemento, aínda que a literatura tamén sexa entretemento. Adoptar esa posición de “eu fago literatura e non me comprometo con nada, non trato temas delicados e non me posiciono” é tamén unha maneira de facer política. Falo aquí de política no seu sentido máis grego, polis, cidadanía, e a min interésame moito, con este libro, transmitir a idea de que por riba das etiquetas hai persoas. As persoas con dano cerebral adquirido adoitan ser invisíbeis ou están colectivizadas. Esta é unha novela que fala dunha persoa que se comporta como unha persoa: namora, cabréase, decepciónase, ilusiónase… Fai todo o que fai calquera persoa e resulta que, ademais, ten dano cerebral. Por iso non é gratuíto que eu a converta nunha raíña de Instagram.


Ricardo Tornero Belloso
4ºESO B

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-09-2018 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal