Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Durmir en Galicia… Nun lugar orixinal?
Burbullas en Oleiros
Bo día amigXs.
Logo dun curto pero intenso verán no que, como non, fun tomando nota de centos de cousas que acontecen e de lugares que visitar, un curso máis estou novamente aquí rompéndome a testa para compartir con vós algunha “cousiña” interesante coa que poidades gozar.
Seguro que un dos maiores contratempos cos que vos atopastes este verán á hora de planificar a vosa viaxe é o aloxamento. A qué distancia está, que servizos ofrece, cánto custa... Pois ben, a qué non sabedes en Galicia qué hotel nos ofrece unha noite do máis orixinal? En qué lugar podemos soñar nunha árbore, nunha illa deserta ou nunha burbulla...
Que vos parece se comezamos a nosa viaxe pasando a primeira das nosas noites de ensoño no Faro antigo dunha illa deserta? Estamos en Vilaselán, en Ribadeo, en Illa Pancha. Un faro antigo do 1857 que agora ofrece os seus servizos como hotel, conservando toda a súa riqueza orixinal (escaleiras de caracol, lanterna...)
Outra das estancias que nos ofrece a natureza galega é Cabaniñas, en Outes (A Coruña). Quén de neno/a non soñou cunha casa nunha árbore. Poder xogar rodeados/as de natureza. Pois si, este é o tipo de aloxamento que literalmente está ”colgado” dunha árbore, respectando a paisaxe e ofrecendo a posibilidade de convivir nun espazo único e gozando da tranquilidade do monte.
E seguindo na natureza, a nosa terceira opción está en Ponte, Coristanco. Trátase dun canastro daqueles nos que os nosos bisavós gardaban os casulos e as espigas do millo e que agora está preparado para durmir e vivir.
Pero non todo vai ser soamente natureza enxebre. Temos espazos que paradoxicamente xuntan natureza con modernidade. Así atopamos en Breixo (Oleiros), A Coruña, un hotel onde a observación astronómica está na “carta”. Son burbullas que nos ofrecen a posibilidade de aloxarnos en estrelas: “Andrómeda”, “Cassiopea”, “Pegasus”...
E xa para rematar, e como non podería ser doutro modo, acabamos tomándonos un bo viño. Unha botella de albariño. A botella de albariño máis grande do mundo está en Meis, pero non é para tomar, é para durmir.
Xa vedes amigXs, en Galicia temos todo canto queremos. Arquitectura moderna en convivencia coa natureza e lugares extraordinarios que están esperando ser descubertos.
Atrevédesvos?


Clara María Domínguez Iglesias
1ºBACH A

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-09-2018 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal