Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A natureza cóntanos historias
dunha árbore dinos os anos e a calidade de
vida que levou; se pasou épocas de seca, se estivo mal nutrido... as súas rugosidades na cáscara, dinnos se ten enfermidades, qué insectos e aves viven nel, sírvenos para tomar referencias xa que a parte máis verde está dirixida cara ao norte...

As bandas de paxaros que trazan o ceo de madrugada ou ao atardecer. A súa forma de voar en V para aforrar enerxía ao sincronizar o movemento das súas ás. A forma de voar en círculo das pombas, analizando o lugar onde se atopan e esperando que as correntes de aire se quenten para poder ascender e voar a determinada altitude...

O leito do río coas súas ondas, as variacións de caudal, as súas beiras, a cor da súa auga...

Aprender a escoitar a natureza é aprender a escoitarnos a nós mesmos. Os nosos antepasados estaban en íntima unión con ela. Nacían, medraban e morrían na natureza. Dependían por completo dos fenómenos naturais e comprenderon que tiñan que respectala se querían sobrevivir e perpetuarse.

Vivir na natureza esixe respectala!

Tras esta alusión direivos, que como calquera outro día da semana, levántome cedo e tras un almorzo xeitoso, diríxome a facer a miña ruta habitual de fin de semana, polos arredores, neste caso, de Ourense. Por aquí e por alá atopo charcos de auga e barro. Hoxe á noite volveu a chover. Por fin podemos despedirnos das incómodas flores dos salgueiros que tantos problemas nos dan aos alérxicos.

A estas horas da mañá de domingo o único son que se escoita é o do correr das augas do río Lonia e o bruar do Miño e o dos paxaros, que madrugan para coller os primeiros vermes que desprevidos acaban no seu buche. Cruzámonos con algún viandante que coma nós, madruga para gozar da camiñata.

Pódese percibir con toda claridade as vibracións da natureza. O seu silencio; o cheiro da herba mollada e das árbores. É unha marabilla poder vivir nunha cidade que che ofrece a posibilidade de poder gozar da natureza sen ter que desprazarte.

De repente, algo nos sorprende. Miramos para o chan e atopamos algo que nunca atopáramos. Porque ei de dicirvos, que nas nosas andanzas montunas, temos visto case que de todo. Dende lebres, corzos, xabaríns, raposos e lobos ata animaliños non tan amigables, como cobras, escánzaros, arañas de tamaño considerable e incluso delfíns, en zona marítima. Creo que esta aclaración non era necesaria, pero por se acaso.

Pois ben, envíovos foto do animaliño que nos atopamos onte e que vos podo asegurar que tras investigar ao chegar á casa e descubrir que é, non é fácil atopalo a plena luz do día. A ver se conseguides saber de qué se trata.

Por estas cousas ademais de por outras máis obvias, me gusta saír a correr e a andar polo
monte, polas rúas e polas costas da nosa cidade e da nosa Galicia.

Soltar as pantallas, abandonar o sofá, poñer o móbil en aplicación “running” e gozar da terra,
do aire, do sol...

Apertas e vémonos!

Clara Mª Domínguez Iglesias 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 03-06-2018 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal