Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Protexamos aos nenos do traballo infantil
O 12 de xuño de cada ano temos a oportunidade de fomentar e coordinar as iniciativas na loita contra o traballo infantil.Na actualidade uns 168 millóns de nenos e nenas son vítimas do traballo infantil de aí a necesidade de concienciar a poboación da magnitude deste problema e xuntar esforzos para erradicar esta realidade.

No mundo, máis de 1500 millóns de persoas viven en países afectados por conflitos, a violencia ou a inestabilidade. E, cada ano, ao redor de 200 millóns de persoas son vítimas de catástrofes naturais, un terzo das cales son nenos. Unha proporción importante dos 168 millóns de nenos vítimas do traballo infantil viven nesas zonas.

En xeral, estas situacións teñen un efecto devastador na vida das persoas: morren, resultan mutiladas e feridas, vense obrigadas a abandonar os seus fogares, destrúense os seus medios de subsistencia, están chamados vivir na pobreza e a pasar fame, e viólanse os seus dereitos humanos. Os nenos adoitan ser as primeiras vítimas, ao destruír as escolas e os servizos básicos. Os menores desprazados ou refuxiados noutros países son particularmente vulnerables e acaban sendo as primeiras vítimas.

É necesario que todos adoptemos medidas urxentes para combater o traballo infantil nas zonas afectadas polos conflitos e os desastres. Xuntos debemos intensificar e acelerar os esforzos para erradicar esta práctica, ata nas zonas afectadas polos conflitos e os desastres.

Jaime Eiriz Castro 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 03-06-2018 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal