Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Plutón, o non planeta
Ata que a nave New Horizons chegou a Plutón en 2015, este pequeno mundo do Sistema Solar, non era máis que un punto gris nos libros de texto: un planeta anano, frío e illado. Pero co histórico « flyby», a NASA non só completou a primeira exploración de todos os mundos do Sistema Solar, senón que demostrou que Plutón era un lugar complexo e rico. Descubriuse que alí hai montañas, vales, chairas, cráteres, glaciares, unha atmosfera e mesmo calor interna.

Cando case se cumpren tres anos do sobrevoo da New Horizons, e a falta de que a sonda alcance un obxecto do cinto de Kuiper en xaneiro de 2019, un equipo internacional de científicos acaba de publicar en Science o último descubrimento realizado en Plutón. Os investigadores suxiren que alí hai dunas moldeadas polo débil vento planetario e formadas por grans de metano xeado. Ata agora, só descubríronse dunas na Terra, Marte, Venus, Titán e un cometa.

«Sabiamos que todos os corpos do Sistema Solar que teñen unha atmosfera e unha superficie sólida de roca teñen dunas, pero non sabiamos o que atopamos en Plutón», dixo nun comunicado Matt Telfer, primeiro autor do estudo e investigador na Universidade de Plymouth.«E é que, mesmo cunha atmosfera tan tenue e unha superficie a uns -230 graos centígrados, alí
fórmanse dunas», acabou de dicir.

Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 03-06-2018 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal