Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Momia falcón ou feto?
A momia da imaxe foi doada en 1925 ao Maidstone Museum, en Reino Unido. Calcúlase que ten unha antigüidade duns 2.100 anos, e ata fai moi pouco pensouse que pertencía a un falcón.

Pero, agora, unha investigación realizada por antropólogos da University of Western Ontario,
descubriu que en realidade trátase dun feto humano.

Pero, como foi posible semellante equívoco? Pois debido a que o feto, que se calculou que se atopaba aproximadamente na semana de xestación número vinte e tres, padecía anencefalia, un trastorno que provoca que o bebé se desenvolva sen partes do cerebro e o cranio, o que ocasiona graves malformacións.

No caso do feto momificado, a parte superior do cranio estaba aínda sen facer, e mesmo tiña os pavillóns auditivos situados na parte traseira da cabeza. Esta é a segunda momia con este
tipo de malformación que se descubriu. Os investigadores explican que os exipcios conferían poderes máxicos aos fetos e que, talvez por ese motivo, foi momificado con tanto coidado.

Eyén Díaz López 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 03-06-2018 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal