EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Día mundial sen tabaco: 31 de Maio de 2018
O 31 de maio de cada ano, a OMS e os seus asociados celebran o “DÍA MUNDIAL SEN TABACO” co fin de poñer de relevo os riscos asociados ao tabaquismo, tanto para a saúde como para outros ámbitos, e avogar por políticas eficaces para reducilo seu consumo.

O lema deste ano é: “TABACO E CARDIOPATÍAS”. A campaña busca chamar a atención sobre a relación entre o tabaco e as cardiopatías e outras enfermidades cardiovasculares e tamén entre elas e os accidentes cerebrovasculares xa que son unas das as principais causas de morte no mundo.

O DÍA MUNDIAL SEN TABACO 2018 coincide cunha serie de iniciativas e oportunidades mundiais para reducir a epidemia de tabaquismo e as súas repercusiones na saúde pública, que son, principalmente, un gran número de mortes e moito sufrimento de millóns de persoas en todo o mundo. Entre estas medidas cóntase con iniciativas como a de GLOBAL HEARTS e RESOLVE cuxos obxectivos son reducirla mortalidade por enfermidades cardiovasculares e mellorar a atención ás mesmas.

Este ano, o “DÍA MUNDIAL SEN TABACO” céntrase nas repercusiones do consumo de tabaco na saúde cardiovascular das persoas en todo o mundo.E por eso en todas as iniciativas e actividades que se farán en todo o mundo este día lembrarán a todos os cidadáns que o consumo de tabaco é un factor de risco importante de cardiopatía coronaria, accidente cerebrovascular e vasculopatía periférica.

Pois malia que se coñecen ben os danos para a saúde cardiaca que provoca o tabaco e da disponibilidad de solucións para reducir a mortalidad que ocasiona, amplos sectores da
poboación descoñecen que é unha das principais causas das enfermidades cardiovasculares.

Esperemos que despois desta xornada de sensibilización moitos comecen unha nova etapa da súa vida sen tabaco.

Jaime Eiriz Castro 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-05-2018 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal