EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Outra Champions para o Madrid
Outro ano, outro título da UEFA Champions League para o Real Madrid. Gañar non é tanto un hábito, senón que está no seu ADN. Este Madrid é ultimamente unha máquina de gañar incansable en busca da gloria.

"O Madrid é o Madrid," din en España. Fan as cousas, atopan a maneira, polas boas ou polas malas, e son adictos ao éxito. Existen para noites como o sábado en Kiev.

Foi o mellor equipo contra o Liverpool, anulando aos seus dianteiros de principio a fin e controlando o centro do campo. Utilizando toda a súa experiencia desde o primeiro momento e ata o final. Mesmo cando lle empataron 1-1, non se desviaron do seu obxectivo, controlando a posesión e establecendo o ritmo do partido.

A astucia de Karim Benzema para abrir o partido, a calidade sublime no segundo tanto de Gareth Bale e o chisco de xeito que todos os campións necesitan para establecer o terceiro foi quizais a ilustración perfecta do recente refacho do Madrid nesta competición.

"Este equipo é lendario", dixo o lateral esquerdo Marcelo. "Xogamos contra os mellores equipos dos seus respectivos países. Merecémonos gañar a final e fixemos algo histórico", engadiu.

Ademais, tras converterse no primeiro equipo en reter o título no actual formato da UEFA Champions League, o máis fácil sería relaxarse e deixarse ir, pero iso non cabe na mente dos merengues. Se había algo que lles excitaba, era lograr un terceiro título de maneira consecutiva e non alcanzar o número 13 de Copas de Europa.

Finalmente, Marcelo non dubidou en mandar unha advertencia para o resto de Europa: "Non temos un teito. O ano que vén volveremos e non imos parar". Coa final en Madrid o próximo ano, non sería desatinado apostar por unha cuarta final. Iso é xusto o que quere facer o Real Madrid.

Rodrigo Míguez Fernández 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-05-2018 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal