EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Gracias a "Quién"
Boas tardes.

Outra fin de semana estou aquí.

Xa queda menos para rematar e como acontecemento intimamente ligado ao fin de curso e para algúns, fin de ciclo, non podo deixar de citar as festas e diferentes actos
lúdicos que, por este motivo, se celebraron esta fin de semana e se continuarán celebrando polos diferentes colexios e institutos de Ourense ao longo das vindeiras semanas.

Como non podía ser doutro modo, o pasado venres tivo lugar no noso centro, a 49ª edición dos Xogos Florais 2.0. Edición na que este ano, eu tiven o enorme privilexio de formar parte do elenco da obra de teatro que, baixo o título “QUIÉN”, se representou durante o transcurso da
cerimonia.

Un ano máis, a raíña e a súa dama de honra, cos seus respectivos acompañantes, preciosas elas e elegantes eles, presidiron esta 49ª edición e gozaron do seu día.

Direivos, que anos ai que se espertou a miña curiosidade. Dende moi cativa teño a inmensa ledicia de tomar parte nas diferentes edicións dos Xogos Florais, lendo o poema co que cada ano se premia a temática dos mesmos. Aínda podo recordar como se fora onte, aquel “Contigo 75”, no que toda a comunidade franciscana nos entregamos para celebrar os 75 anos de historia franciscana en Ourense. Dende a gravación do “lip dub” ata a obra de teatro “CONTIGO”, representada no Auditorio Municipal de Ourense e na que actuarían eses dous xenios, sen os que todo isto, non tería sentido. Estou a falar de Román Godás e Xián Bobillo.

Seica ao mellor tamén o teño máis presente posto que era a graduación de 2º de bacharelato
de meu irmán e as súas e seus amigas e amigos e dende a miña perspectiva, foi a Graduación máis emotiva.

Sen dar máis voltas, hoxe quero dedicar este anaquiño de blog para felicitar a todas e todos
por todo o esforzo, ao meu parecer, ben merecido e altamente recompensado. En pouco tempo fomos quén de sacar adiante unha obra con moito carácter e con moito significado.

Segundo as críticas, a interpretación dos personaxes foi de sobresaínte e a mensaxe que o seu autor, Román, quería transmitir, chegou alta e clara a todas e todos os que alí estaban
presentes.

Estou moi orgullosa de formar parte deste equipo e de ter aportado o meu pequeno gran para que todo saíra como era de esperar. Bea, Paula, Nuno, Rodrigo, Ángela, Eva. Que podo dicir de vós. Sodes as e os mellores! Non mudaría nin un solo intre de todos estes meses. Non podería terlle sacado mellor ocupación ás tardes dos venres. Xa vos boto de falta!

Ben é certo que non son moi dada a eloxios, pero dende aquí quero dar as grazas a todas e todos pola súa axuda e paciencia; por recibirme cos brazos abertos e facerme sentir unha máis do grupo. Por ensinarme, permitíndome dende a miña total ignorancia neste campo, sumar ideas ao grupo. Pero claro, que vos vou contar! estamos a falar das e dos mellores. Esas persoas que dende o galiñeiro se encargan de que todo funcione correctamente, a música, as luces, os paneis... Álvaro Leis, Javier Padrón, Andrea Sabucedo. José Antonio Blanco, Josiño, e aquelas persoas que ano tras ano o acompañan á súa entrañable guitarra. Juan Luis, David Ramos e como me vou esquecer do “meu” excelso director, José Antonio Álvarez.

Deixo para o final as verbas de gratitude para Román e Xián. Pero fáiseme imposible reflectir aquí, a morea de sentimentos e emocións que teño recollidas.

Ao final do acto, Román saíu ao escenario, e entre agradecementos, explicou que a obra ía dirixida ás monxiñas franciscanas, pola súa dedicación aos demais e en xeral, a todas aquelas persoas que, de forma altruísta, dedican o seu tempo aos demais. Os “Voluntarios”.

Pois ben, fágome voceira das súas palabras. Esta obra dedícoa a vós. Vós sodes ese QUIÉN. Porque reflectides todo canto significa: Dedicación, altruísmo, constancia, ensinanza, amizade, responsabilidade, paciencia, empatía, coraxe, paixón...

O tempo corre e cada vez está máis preto o momento no que deixaremos atrás as paredes deste colexio. Que as botemos tanto de menos soamente ten unha explicación:

¡Todos sodes culpables! GRACIAS.

Clara Mª Domínguez Iglesias 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-05-2018 17:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal