EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O acontecemento que puido matar a todas as especies do planeta
Os científicos cren que a vida no planeta Terra superou cinco extincións masivas: en realidade houbo máis, pero estas adoitan destacarse porque provocaron a desaparición de innumerables especies. Crese que foron causadas por enormes erupcións volcánicas, o impacto de grandes asteroides, explosións de supernova, estalidos de raios gamma ou cambios climáticos. Moitos dos seres vivos do planeta non puideron adaptarse ao tempo e morreron. Algo así é o que parece estar a ocorrer na sexta extinción masiva, e cuxa causa é a actividade humana.

Un artigo que se acaba de publicar en « Proceedings of the National Academy of Sciences» desvelou que, fai 450 millóns de anos, desaparecesen o 85 dos seres vivos dos océanos, nun momento en que case toda a vida era mariña. Científicos concluíron que o arrefriado do planeta causou un parón global nos océanos, o que provocou a extinción masiva de algunhas especies.

«Esta extinción é a primeira das " cingo grandes" que golpearon a Terra e a nosa investigación indica que coincidiu co desenvolvemento abrupto e xeneral dun fenómeno de anoxia nos océanos que durou polo menos un millón de anos», explicou nun comunicado Maya Elric, investigadora na Universidade de Novo México e directora da investigación.

Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-05-2018 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal