EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Festival Internacional de Allariz acolle a celebración do Día das Abellas
O Festival Internacional de Xardíns acolle hoxe a primeira celebración do Día Mundial da Abella. En colaboración coa Asociación Galega de Apicultura, o recinto paisaxístico incluíu unha mostra con degustación de meles e pole, e obradoiros. O obxectivos concienciar sobre as ameazas que sofren as abellas e o seu papel indispensable para o mantemento da biodiversidade dos ecosistemas no planeta.


O papel polinizador das abellas fai que sexan indispensables para conservar a biodiversidade do noso ecosistema. Especies como a velutina e a man do home cos pesticidas poñen en risco a súa supervivencia. Por iso a ONU declarou o día de hoxe como o primeiro día Mundial da Abella.

E os apicultores da primeira promoción da Escola Galega de Apicultura amosan os seus beneficios e os produtos que se poden obter das colmeas: mel de diferentes variedades, pero tamén cera, xalea ou própole. E fano dentro da novena Edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Un espazo de 3 hectáreas con deseños de países coma Brasil, Perú, México ou Xapón.

O Festival de Xardíns de Allariz que se pode ver ata outubro, acolle tamén a casa das polinizadoras, onde se aloxan abellas e outros insectos.


A.I.B.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-05-2018 21:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal