EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Charo Pita gaña o premio de relato Manuel Murguía

Charo Pita, con Bochorno, foi elixida gañadora do premio de narracións breves Manuel Murguía do Concello de Arteixo, que celebrou a súa edición número 26. A autora recibirá 4.000 euros. Os finalistas foron Tiago Alves Costa, con Reconhecimento, que recibirá 500 euros, e Mercedes Leobalde García, con Unha praia na Polinesia, a quen corresponden 300 euros. Os tres relatos tamén serán publicados.Os tres orixinais foron elixidos de entre os 63 que se admitiron a concurso. O xurado estivo formado por Begoña Paz, Mario Regueira, Teresa Moure e Alfredo Ferreiro, este último, coordinador do premio, con voz pero sen voto. No acto de entrega en Arteixo actuou Aida Saco, compositora que interpretou varias pezas do seu disco Atmosferas, mentres que o humorista gráfico Luis Davila fixo ilustracións en directo. A cerimonia, presentada por Alfredo Ferreiro, incluíu unha lembranza a María Vitoria Moreno.



Aitana Lanzós
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 20-05-2018 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal