EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Científicos galegos crean enzimas artificiais que xeran reaccións que non existen na natureza
O estudo dos mecanismos da vida pasa por descifrar como funciona a célula, a unidade menor que pode considerarse ‘viva’ nun organismo, e de cuxo correcto funcionamento depende a nosa saúde; unha gran parte das enfermidades graves, teñen a súa orixe en aberracións que se producen no interior das células. Para poder abordar a diagnose e tratamento destas enfermidades é fundamental desentrañar as reviravoltas moleculares do medio celular e desenvolver estratexias e tecnoloxías que permitan alterar a maneira na que se comporta unha célula, dun modo controlable e predicible.
Este é un dos obxectivos do grupo que dirixe o profesor José Luis Mascareñas no CiQUS da Universidade de Santiago de Compostela. Unha das súas liñas de investigación consiste en deseñar catalizadores químicos baseados en metais, que poidan ser introducidos nunha célula viva para actuar como enzimas (as proteínas encargadas de desencadear transformacións esenciais nos nosos tecidos), ou o que é o mesmo, crear enzimas artificiais capaces de xerar reaccións que non existen na natureza no interior dun organismo vivo.
Segundo o profesor Mascareñas, “demos os primeiros pasos para a construción dun metabolismo artificial, compatible co natural e, obviamente, inspirado na acción das enzimas”. O traballo facilita o camiño ao deseño de novos tratamentos baseados na xeración controlada e simultánea de varios fármacos, mesmo daqueles con actividade terapéutica distinta.



Lucía Alvarellos Garea
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-05-2018 21:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal