Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Novos decretos ao goberno catalán
O subsecretario de Presidencia do Goberno informou este domingo por carta á Generalitat de que se publicará un dos dous decretos relativos ao novo Goberno catalán asinados onte por Quim Torra. Así, o Goberno de Mariano Rajoy dará dar luz verde ao decreto que define a estrutura do novo Executivo, con 16 carteiras. Con todo, o segundo decreto, que contén o nomeamento dos conselleiros, quedará en suspenso pola presenza na lista de conselleiros dos presos Josep Rull (Territorio e Sustentabilidade) e Jordi Turull (Presidencia) e dos fuxidos Lluís Puig (Cultura) e Toni Comín (Saúde). Os novos conselleiros teñen previsto tomar posesión o vindeiro mércores pero Rajoy non autoriza a publicación oficial do Goberno catalán, polo que este non será efectivo.

"Non queren negociar, queren humillar! Implantemos a República e garantamos os nosos dereitos e os dos nosos representantes", di a Asemblea Catalá.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-05-2018 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal