Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O invento que iluminou o mundo
Temos que retroceder case douscentos anos para asistir ao nacemento dun invento que revolucionou a vida dos europeos: a lámpada de gas. Ata ese momento viviamos nun continente con dúas caras: unha acesa de día e outra apagada de noite.

A iluminación con gas non só beneficiou á industria e ao comercio, tamén ao lecer e á seguridade cidadá. Non hai que esquecer que a escuridade foi durante séculos o mellor aliado dos amigos do alleo, que lles permitía operar con absoluta impunidade, simplemente porque “non se vía”.

A pesar de todas estas vantaxes a lámpada de gas gozou de mala prensa nalgúns sectores e tivo moitos detractores nos seus inicios, que se queixaban do seu mal cheiro.

A lámpada de gas foi un invento británico que debemos ao enxeñeiro William Murdoch . Este inventor escocés observou que os gases desprendidos da combustión da madeira,tiñan tres características moi atractivas: eran altamente inflamables, transportables e podíanse acender e apagar con facilidade.

Antes de finalizar o ano Murdoch puido sorprender aos seus veciños ao iluminar a súa casa en utilizando o seu invento, en lugar da graxa animal e o aceite tradicional.

A pesar de todas estas vantaxes a lámpada de gas gozou de mala prensa nalgúns sectores e tivo moitos detractores nos seus inicios, que se queixaban do seu mal cheiro.

Ricardo Ferreiro de Aguiar 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-05-2018 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal