Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os polbeiros da provincia soportan a duras penas o incremento dos prezos en orixe
Achegarse a un posto de polbo ambulante en calquera parte da provincia comeza a converterse nun acto de absoluta rendición ao cefalópodo polo prezo das súas racións e o máis que previsible aumento delas nos próximos meses.

O que ocorre nestes días, co anuncio do incremento de 8 a 12 euros a ración que se sirva no próximo San Froilán, leva visos de que se repita mesmo antes na próxima cita multitudinaria do Carballiño. Os polbeiros afirman que as súas vendas non sufriron moita diminución.

Desde a Asociación de Polbeiros de Carballiño-Arcos asegúrase que "estamos vendendo ou mesmo que fai dous anos e ó mesmo prezo. Non temos intención de subilo".

David González, un dos propietarios, atribuíu a subida do prezo do polbo á escaseza de produto, que fundamentalmente provén de Marrocos, e que leva dous anos e medio rexistrando unha caída na produción.

Kevin Oliveira Quiroga 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-05-2018 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal